
Ménsula 3, Pazo de Xelmírez
sketchfab
GAL Mensula, salón do Pazo de Xelmírez, s.XIII. (Santiago de Compostela) Neste conxunto da mensula número 10 con catro personaxes que participan do banquete podemos ver no centro unha parella sentada e coroada. A esquerda um criado, sentado na cadeira baixa que lle obriga a sentalos pés, ten nas súas mans un obxecto circular galonado que sinala e toca co dedo índice da man dereita. O situado no outro estremo, mantén con ámbalas dúas mans unha cítola. Vense claramente uns furados sonoros na zona da caixa xunto ao mastro a ámbolos dous lados das tres cordas. Estes instrumentos xorden neste século XIII sendo esta, polo tanto, unha das súas primeiras representacións. Esta escultura coincide no tempo coa primeira referencia escrita en España. Trátase dun texto de Gonzalo de Berceo, -Vida de San Millán de la Cogolla c.1234- que a sitúa nas mans dun pastor aínda que a maioría das veces faino como instrumento de xograr. ► Model 3D by Studo3D
With this file you will be able to print Ménsula 3, Pazo de Xelmírez with your 3D printer. Click on the button and save the file on your computer to work, edit or customize your design. You can also find more 3D designs for printers on Ménsula 3, Pazo de Xelmírez.